19/out/2011

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participará na “ABAV”, a principal feira turística de América que se celebra en Río de Xaneiro

Terá lugar entre os días 19 e 21 de outubro e o Xacobeo tamén impartirá un seminario sobre os Camiños de Santiago. 

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo participará na Feira das Américas-ABAV, a maior feira do sector turístico que se celebra no continente americano e que está organizada pola Asociación Brasileira de Axencias de Viaxe.  A feira terá lugar en Río de Xaneiro entre os días 19 e 21 de outubro, no Riocentro Exhibition & Convention Center en horario de 11 a 18 h. 

O Xacobeo participa coa comunidade de Castela-León dentro do  Consello Xacobeo, a organización  que representa ás comunidades autónomas polas que transcorren os camiños de Santiago.  O punto de información do Xacobeo intégrase no stand xeral de Turespaña. 

Dentro dos actos de promoción, o Xacobeo impartirá un seminario sobre as peregrinacións a Santiago para axentes de viaxe e interesados o día 20.

+Info: www.feiradasamericas.com.br