16/set/2011

'Camino de Santiago. Revista Peregrina' cumpre 3 anos

O próximo martes, día 20 de setembro, nun acto que se celebrará ás 20:00 h. no Salón de Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, os redactores de “Camino de Santiago. Revista Peregrina” e a empresa Pseudoturpín celebrarán o 3º aniversario desta publicación.

A revista Peregrina está editada por un grupo de entusiastas, que desde hai moitos anos están estreitamente vinculados ao Camiño de Santiago. É unha publicación, aberta a todos, sobre as rutas a Compostela e a peregrinación.

Desde a redacción manifestan que nestes tres anos tiveron máis éxitos que críticas e que esperan seguir traballando no futuro na difusión da historia, a arte, os distintos itinerarios, entrevistas e demais temática xacobea.