21/Apr/2010

¿Coñeces as lendas do Camiño?

Wagner na súa obra “Parsifal” sitúa o Santo Grial e o lugar onde tivo lugar o milagre nun tramo do Camiño de Santiago e, en concreto, nunha ermida dese lugar. Saberías dicir a que lugar nos referimos?

Con esta pregunta comeza o xogo de preguntas e respostas en liña sobre as lendas do Camiño de Santiago, na web do Ministerio de Cultura de España. Esta iniciativa forma parte dos Xogos Culturais que puxo en marcha o Ministerio e que inclúen tamén preguntas sobre personaxes da literatura universal e Fernando Fernán Gómez (actor e director de cine).

Como todos sabemos, o Camiño de Santiago está zarrapicado de lendas que acompañan aos camiñantes ata Compostela. Neste xogo deberás pór a proba os teus coñecementos facendo fronte a preguntas como: ¿Que dous personaxes están sempre presentes en lendas e capiteis das columnas das igrexas, ao longo do tramo do Camiño que vai desde Roncesvalles deica Puente la Reina?

Por cada pregunta acertada recibirás 10 puntos e terás acceso a información detallada, unha galería de imaxes e outros enlaces de interese sobre esa lenda. Dispós de tres intentos para acertar as preguntas.

Regras do xogo:

Poderá xogar calquera usuario da rede.

  • O usuario poderá xogar sen rexistrarse ou rexistrándose. O rexistro permitiralle participar nas clasificacións e comprobar a súa posición con respecto ao resto dos xogadores en calquera momento do xogo. Un xogo deberá ser resolto nunha soa sesión para que o sistema poida almacenar os resultados. Se a sesión se deixa incompleta, os resultados obtidos non contarán na clasificación.
  • Un usuario pode empezar a xogar sen rexistrarse e acceder ao rexistro ao final do xogo.
  • Para xogar competindo é obrigatorio aceptar as regras do xogo na pantalla de rexistro.
  • Ao acceder ao xogo o usuario poderá: contestar as preguntas, enviar unha suxestión ao Ministerio de Cultura sobre a temática de novos xogos, consultar a clasificación ou participar na enquisa final.
  • O permiso para utilizar o correo electrónico por parte do Ministerio de Cultura terá dous obxectivos: permitir ao Ministerio de Cultura informar ao usuario da posta en marcha de novos xogos e/ou facerlle partícipe de futuras promocións.

¿Queres pór a proba os teus coñecementos sobre as lendas do Camiño de Santiago? Pois adiante, fai clic aquí.