20/Oct/2015

O IX Congreso de Estudos Xacobeos reunirá a expertos internacionais para afondar na relación entre o culto mariano e xacobeo

O IX Congreso Internacional de Estudos Xacobeos "María e Iacobus no Camiño Xacobeo", que terá lugar dende o 21 ata o 24 de outubro, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, reunirá a numerosos expertos internacionais para afondar nos múltiples e diversos lazos existentes entre o culto mariano e o culto a Santiago ao longo da historia.

O congreso está destinado tanto a estudantes, docentes e estudosos da cultura xacobea, como a membros das Asociacións de Amigos do Camiño, así como o público en xeral interesado polo tema.

O encontro conta coa participación de representantes de numerosas universidades intermacionais como o Centro Nacional para a Investigación Científica ou a Universidade La École Pratique des Hautes Études (EPHE) de Francia, o colexio de Michoacán de México, as universidades Erlangen e Wüzburg de Alemaña, a Universitá degli Studi de Perugia de Italia, a universidade Exeter de Reino Unido ou a Universidade Autónoma de Barcelona e a de Santiago de Compostela, entre outras.