SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DO CORPIÑO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Losón (Santa Baia)

Lugar: O Corpiño

36512  Lalín - Pontevedra

Coordenadas: 42º 44' 42.0" N - 8º 12' 55.0" W


Descrición

Igrexa santuario mariano, dos de tradición mais antiga e dos mais concorridos de Galicia. Ten a súa orixe na capela das Aparicións do século XII aínda que o seu aspecto actual é produto das distintas fases construtivas ó longo dos séculos XVIII e XIX. As obras realizadas crearon un aspecto de cruz latina de curtos brazos e dá a impresión de ter dúas fachadas case idénticas. Destacan as columnas neoclásicas das esquinas así coma o esvelto campanario da fachada occidental. Tamén é resaltable o ciborio central con lanterna que aporta sobria elegancia a todo o conxunto. 

Acceso

Dende Lalín coller a N-525 en dirección a Santiago ata chegar á localidade de Prado. Nesta localidade coller, á dereita, a estrada EP-6005 cara a Bodaño/Vila de Cruces. Seguir por esta estrada 9,2 quilómetros ata chegar a un cruce, onde está sinalizado, á esquerda, o Santuario de O Corpiño que se atopa a 350 metros.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata



SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DO CORPIÑO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos