MEGA MUNDO ESTRELLA GALICIA

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Museos e coleccións visitables

Localización

Rúa José María Rivera Corral 6

15008  A Coruña - A Coruña

Coordenadas: 43º 21' 10.3" N - 8º 25' 09.6" W

Teléfono: 981 93 1906

Correo electrónico: info@mundoestrellagalicia.es

Sitios: http://www.mundoestrellagalicia.es


Descrición

MEGA Mundo Estrella Galicia é a casa de Estrella Galicia. Un percorrido museográfico por máis de 110 anos de tradición cervexeira familiar. Distribuído en catro plantas e tres mil metros cadrados, poderás descubrir, aprender e divertirte coa historia da cervexa, os estilos cervexeiros que hai no mundo, e coñecer as materias primas e os procesos de elaboración que emprega Hijos de Rivera SAU nas súas receitas. Entra na sala de caldeiras, a nosa catedral; asómate á nosa fábrica en tempo real; percorre a evolución dos nosos envases, as nosas campañas publicitarias. Podes vivir desde dentro un concerto de SON Estrella Galicia, rodar cos nosos pilotos de Moto GP, aprender a degustar cos nosos Mestres de Cultura de Cervexa nos Obradoiros Cervexeiros, e por suposto, probar e brindar con todas as nosas cervexas na zona de degustación. Agardámoste en MEGA, moito máis que un museo.
    

Servizos

•    100% accesible a persoas con discapacidade
•    Wifi gratuíto
•    Visitas guiadas
•    Degustación de produtos incluída no prezo da entrada
•    Obradoiros de cultura de cervexa
•    Eventos de empresa: posibilidade de espazos para a realización de eventos MICE de todo tipo
•    Tenda
•    Taquillas 
•    Transporte público: Liña 11 de autobús urbano. Compañía de Tranvías da Coruña





Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/gl/mega

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

MEGA MUNDO ESTRELLA GALICIA

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos
  • Oferta válida ata o 31/12/2021

    Visita guiada

    Goza da Nosa Experiencia Cervexeira con total seguridade.

    Visita as instalacións acompañado dun guía e en grupos reducidos.

    Ofrecémosche material sanitario para asegurar o teu benestar, así como unha pulseira personalizada para mellorar a túa visita.

    A visita guiada con tiraxe inclúe:

    Kit de experiencias para descubrir os segredos de Cultura de Cervexa que contén: unha mochila, un set de materias primas, un punteiro táctil, unha copa Atlántica Estrella Galicia e un pousavasos.
    Dúas consumicións: Tira a túa propia cervexa de billa (33 cl) e ademais, goza dun set de degustación de cinco cervexas (12 cl).
    A visita guiada sen tiraxe inclúe:

    Minikit de experiencias que contén: un set de materias primas e un punteiro táctil.
    Unha consumición: un set de degustación de cinco cervexas (12 cl) ou unha cervexa de billa da túa preferencia.