PONTE NOVA DE BAÑOS DE MOLGAS

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Ponte

Localización

Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)

Lugar: Baños de Molgas

Rúa Samuel González Movilla

32701  Baños de Molgas - Ourense

Coordenadas: 42º 14' 33.0" N - 7º 40' 14.9" W


Descrición

Ponte de gran importancia para o pobo, sobre o río Arnoia, na estrada de Allariz o Alto do Couso, construída no 1886.
E a única ponte que permite o tráfico rodado entre as dúas partes do pobo de Baños de Molgas, situado a ámbalas beiras do río.
Consta de dous arcos e calzada en ángulo no lado sur, que dificulta o tránsito a vehículos moi grandes.Por un dos arcos pasa o río e polo outro o paseo que percorre a beira norte.
Foi construído cando a outra ponte de orixe romana non puido asumir o tránsito existente, non tendo capacidade para tal fin.
Construído en cadeirado de granito, os arcos son oxivais con grande van.

Acceso

A rúa Samuel González Movilla é o acceso principal do pobo de Molgas, en dirección a Maceda (estrada OU-0108). A Ponte Nova sitúase practicamente na entrada do núcleo poboacional entre o Hotel Ansuiña e o Balneario termal.

Camiños de Santiago

Vía da Prata



PONTE NOVA DE BAÑOS DE MOLGAS

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos