IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE PADORNELO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Padornelo (San Xoán)

Lugar: Padornelo

27670  Pedrafita do Cebreiro - Lugo

Coordenadas: 42º 42' 39.9" N - 7º 07' 16.9" W


Descrición

Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría luosenta e tellado de lousa. Entrada lateral resgardada por un cabido cuberto cunha prolongación do tellado da nave. Campanario coroado por un remate triangular. Ten lápidas sepulcrais e un retablo barroco do s. XVII con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección Triacastela. A quince km tórcese á dereita cara a Padornelo.
Accesibilidade: A pé, en coche ou autobús.

Camiños de Santiago

Camiño Francés



IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE PADORNELO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos