SANTA MARÍA DE CONXO

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Mosteiro

Localización

Rúa: Campo de Conxo, s/n

15706  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas: 42º 51' 45.0" N - 8º 33' 21.9" W

Teléfono: +34 981 521 741


Descrición

O convento Mercedario de Santa María de Conxo acolle na actualidade o Hospital Psiquiátrico Provincial. Data da época de Xelmírez, da que só se conservan dous arcos románicos do claustro nos que se pode ler a inscrición fundacional de 1129. De planta cuadrangular con muros de cadeirado de granito, a súa fachada actual é do s. XVIII segundo o proxecto de Simón Rodríguez. Organízase en dúas plantas e dos seus despexados muros só destaca a portería (Fernández Sarela, s. XVIII) enmarcada por columnas de orde toscana rematadas por cilindros nos que se apoia o cornixamento sobre o que se coloca un balcón e o escudo mercedario. Órnase con imaxes de Santos mercedarios. Á esquerda, a igrexa na que traballa Fray Gabriel de Casas entre 1693 y1710 e Simón Rodríguez entre 1729 e 1737 na fachada, o claustro, e a capela do San Cristo. Esta última expón unha escultura dun Cristo Crucificado de Gregorio Fernández (1628). A igrexa posúe planta de cruz latina, cruceiro, capelas laterais con tribuna, cubertas de bóveda de canón e cúpula de media laranxa con corpo cadrado ao exterior e tellado a catro augas. Os retablos do interior son obra de Simón Rodríguez (1735).

Estilos

Estilo arquitectónico: Románico

Orden Relixiosa

Mercedarios


Acceso

Núcleo urbano. Barrio de Conxo.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata



SANTA MARÍA DE CONXO

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos