PRAZA DA INMACULADA

No Camiño de Santiago
Localización
Praza da Inmaculada
15704 Santiago de Compostela - A Coruña
Coordenadas: 42º 52' 52.6" N - 8º 32' 39.2" W
Descrición
De planta irregular, está limitada pola fachada do mosteiro de San Martín Pinario, o Palacio Arcebispal, o arco de baixada á Praza do Obradoiro e a fachada da Acibechería da catedral. No lugar da portada románica, centro dos mercados medievais, levántase no século XVIII a nova fachada Norte, iniciada por Ferro Caaveiro e Fernández Sarela e continuada por Monteagudo. O nome de Acibechería, que tamén leva a rúa que desemboca na praza, ten a súa orixe nos talleres onde se traballaba o acibeche. Desde o s. XIII Santiago tiña o monopolio da fabricación de pezas deste material.
Acceso
Núcleo urbano. Centro histórico.
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata