IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

Igrexa

Localización

Parroquia: Oleiros (San Martiño)

15993  Ribeira - A Coruña

Coordenadas: 42º 36' 10.0" N - 9º 00' 20.9" W


Descrición

Crese que con anterioridade a este templo puido existir outro románico como testemuña á escultura da Mater Dolorosa embutida no muro do adro.

A igrexa actual foi mandada construír pola Orde Beneditina (o seu patrón é San Martíño) e foi ampliada en 1853. Consta dunha planta en cruz latina con sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras e que sosteñen unha bóveda de canón. A tribuna atópase aos pés da igrexa. No segundo tramo dúas capelas laterais xemelgas construídas nos anos 40 e cubertas con bóveda de aresta. O presbiterio e a sancristía tamén cóbrense con bóveda de aresta. Os seus muros son de perpiaño, a excepción dos esquinais que son de cantería de granito. Salvo a fachada, o resto dos muros están cubertos con enfuscado pintado de branco. A cuberta é a dúas augas con tella curva. A fachada principal é de gran simplicidade. Ábrense tres ocos: a porta principal rectangular, sobre ela unha fornela en arco de medio punto coa imaxe de San Martíño e na parte superior unha ventá cadrada. Remata cunha cornixa a dúas auga no vértice da cal se levanta o campanario.


Estilos

Estilo arquitectónico: Neoclásico

Acceso

Dende Ribeira, tomaremos a estrada xeral C-550 en dirección Porto do Son e Noia. A uns 5 km aproximadamente chegaremos ao lugar de Oleiros no que hai un cruzamento de estradas. Tomaremos a pista da esquerda que conduce directamente á igrexa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla



IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos