Tour polas denominacións de orixe de viños de Galicia
Esta é unha experiencia para vivir nunha semana o mellor dos viños das denominacións de orixe galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei. Pasear entre viñedos á beira do mare e dos ríos, en abas e vales, en montañas e canóns; achégate a pazos, mosteiros, igrexas, castros e fortalezas. Saborea albariño, treixadura, mencía, godello, loureira, caíño branco, brancellao e ata máis de 20 variedades de uvas autóctonas, combinadas en sabias proporcións en adegas señoriais, rústicas ou vangardistas. Descansa e rodéate de atencións en confortables edificios de valor histórico e artístico en plena natureza ou na urbe.
Desde ...
1,975€
9 días
Oferta de:

Teléfono: +34 981 126 216

Correo electrónico: lcg@viajesviloria.com

Para reservar
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
Marcamos un grupo de adegas selectas cun atractivo especial como puntos de referencia vinícola para un itinerario de 9 días por santuarios do viño en Galicia con aloxamento en establecementos de categoría, a maior parte deles Paradores Nacionais. Viño, gastronomía e cultura fusionaranse durante os días que dura a viaxe con visitas guiadas e paseos polo centro histórico das diferentes cidades, que se sitúan en enclaves paisaxísticos incribles.

As cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia suman xa máis de 500 adegas amparadas. Nese conxunto sobresae un acreditado grupo que por produción, palmarés de premios e a arquitectura que as acolle, poderían cualificarse como os santuarios galegos do viño. Apuntarémonos a unha ruta especial para grupos e para persoas cun padal exquisito, amantes do mellor. Esta viaxe englobará un total de sete adegas das cinco denominacións de orixe de galegas, que nos ofrecerán unha visita guiada polas súas instalacións e a degustación dos seus viños durante todo o noso percorrido.
  • Día 9 Despois do almorzo, na mañá poderemos pasear polas cubertas da catedral, unha panorámica diferente que nos descubrirá a historia da cidade e da basílica do Apóstolo. Fin dos nosos servizos.
  • Día 8 Despois do almorzo, pola mañá, teremos a oportunidade de facer unha visita guiada en exclusiva polo centro histórico acompañados por un guía oficial de Galicia. Tarde libre para coñecer a cidade. Para finalizar a nosa viaxe cearemos un menú degustación de produtos 100% galegos a base de tapas e pasaremos unha última noite no Parador Hostal dos Reis Católicos.
  • Día 7 Despois do almorzo, visitaremos Verín, un lugar de reunión de personaxes ilustres como o Cardeal Cisneros ou Felipe o Fermoso, coñecido como zona de paso a Castela e Portugal. A continuación faremos unha visita pola adega Tapias Mariñán da D.O. Monterrei e os seus viñedos cunha cata de viños que porá o broche de ouro ao itinerario de adegas por Galicia.Á hora requirida, rumbo cara a Santiago de Compostela para facer noite no Parador Hostal dos Reis Católicos que será o final dun día perfecto.
  • Día 6 Despois do almorzo, iniciaremos o día con destino a A Rúa para visitar a adega A Coroa da D.O. Valdeorras e probar os seus exquisitos viños cunha pequena maridaxe. Despois poremos rumbo a Verín e á casa de turismo rural O Retiro do Conde, que presenta na súa estrutura o aspecto dun típico pazo galego ou os prestixiosos viñedos do aal. Cea e aloxamento no Retiro do Conde, Verín.
  • Día 5 Despois do almorzo, percorreremos a zona de Santo Estevo, espazo natural de orixinal beleza, onde conflúen os ríos Miño e Sil. Opcionalmente poderán realizar un percorrido en catamarán, para despois volver ao mundo vinícola na adega Regina Viarum da D.O. Ribeira Sacra, onde comprobaremos in situ, a pendente, os aterrazamentos e o traballo do home. Tras a visita guiada a merecida cata de viños e pequena maridaxe. Cea e aloxamento no Parador de Santo Estevo.
  • Día 4 Neste día visitamos a cidade de Tui, con gran pasado medieval. Engaiolaranos cun paseo polas súas rúas da zona antiga que desembocan na catedral de estilo románico e gótico. Despois realizaremos unha visita guiada pola Bodega Viña Meín da D.O. O Ribeiro, seguida dunha cata dos seus viños e unha pequena maridaxe. Continuaremos o itinerario ata chegar ao Parador de Santo Estevo, mosteiro beneditino, situado en pleno centro da Ribeira Sacra.
  • Día 3 Despois do almorzo, visitaremos a vila medieval de Baiona. Esta vila con grande importancia histórica, xa que en marzo de 1493, Martín Alonso Pinzón arribou sus costas tras a súa viaxe a América convertendo esta vila na primeira de Europa que soubo da noticia do descubrimento do Novo Mundo. A súa zona antiga foi declarada conxunto de interese histórico-artístico. A continuación poremos rumbo cara á zona do Rosal para descubrir a Bodega A Quinta de Couselo da D.O. Rias Baixas. Cata de dous viños do Rosal e unha pequena maridaxe. Pola tarde visitaremos Santa Tegra, onde pasearemos por un dos lugares máis famosos e fotografados de Galicia, o monte de Santa Tegra. Esta noite descubriremos tamén o Parador de Tui, que reproduce fielmente un pazo rural galego, nunha contorna montañosa e fluvial. Cea e aloxamento no Parador.
  • Día 2 Despois do almorzo, o noso destino é o Parador de Baiona para a nosa segunda noite, pero antes faremos unha breve parada no Grove, típica vila turística e mariñeira coñecida por ser o paraíso do marisco. A continuación visitaremos a Bodega Agro de Bazán (Meis) da D.O. Rías Baixas, faremos unha cata de tres dos seus viños e degustaremos un exquisito xantar de petiscos na propia adega cun menú típico a base de mexillóns, zamburiñas ou filloas de marisco. Cea e aloxamento no Parador de Baiona.
  • Día 1 Chegaremos ao Parador de Cambados, antigo Pazo de Bazán, mansión de liñaxe nobre que iniciou a súa construción no século XVII, onde nos aloxaremos e, como punto de inicio da nosa aventura vinícola realizaremos unha visita á adega Pazo de Fefiñanes, percorrendo as súas instalacións, e tamén ao pequeno viñedo situado no interior do xardín e horta do pazo. Pola tarde, faremos unha cata e maridaxe na Bodega Pazo de Fefiñanes da D.O. Rías Baixas. Cea e aloxamento no Parador de Cambados.
Duración:     
9 días / 8 noites.

Prezo:
Para un mínimo de 4 persoas 2.265 €
Para un mínimo de 6 persoas 2.235 €
Para un mínimo de 8 persoas 1.975 €
Suplemento en cuarto individual: 480 €
Prezos por persoa en cuarto dobre.

Validez: 
Todo o ano.

Servizos incluídos:

- 8 noites de aloxamento segundo programa (Paradores Nacionais e unha casa de Turismo Rural) réxime de media pensión (cea e almorzo) excepto en Santiago que é aloxamento e almorzo.
- Van (7 prazas máx.) ou microbús con chofer (18 prazas máx.) a disposición durante todo o programa ata chegar a Santiago, dietas do condutor, autoestradas e parking incluído,
- Guía oficial de Galicia que acompañará o grupo durante todo o programa ata a chegada a Santiago, manutención e axudas de custo incluído.
- Visita, degustación e cata con acompañamento dunha pequena maridaxe nas seguintes adegas:

    - Palacio de Fefiñanes en Cambados 
    - Agro de Bazán, en Vilanova de Arousa 
    - A Quinta de Couselo no Rosal 
    - Viña Meín, en Leiro 
    - Regina Viarum na Ribeira Sacra 
    - A Coroa na Rúa 
    - Tapias Mariñán en Verín

- Xantar na adega Agro de Bazán en Vilanova de Arousa.
- Un guía oficial de Galicia para visita guiada en Santiago de Compostela.
- Cea con menú degustación de produtos típicos galegos en Santiago.

Ver máis plans de...