A ruta da camelia I
Os xardíns son pouco coñecidos en Galicia e menos como visita turística. Con todo, a través da Ruta da Camelia, poderemos visitar os mellores espazos de Galicia onde apreciar a xardinaría relacionada coa camelia. Percorreremos as proximidades de Santiago de Compostela e Pontevedra onde visitaremos os pazos e os seus xardíns, históricos e artísticos, que figuran entre os máis salientables de España.
Desde ...
530€
4 días
Oferta de:

Teléfono: +34 981 126 216

Correo electrónico: lcg@viajesviloria.com

Para reservar
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
Esta viaxe está pensada para grupos amantes da botánica ou simplemente grupos que gozan do mundo pouco coñecido dos xardíns e os pazos de Galicia. Nesta ruta denominada "Ruta da Camelia" realizaremos visitas privadas que nos levarán polas proximidades de Santiago de Compostela e Pontevedra, visitando os pazos Santa Cruz de Ribadulla, San Lourenzo, Oca, Fefiñáns, Rubiáns e A Saleta cuxos xardíns, históricos e artísticos, figuran entre os máis salientables de España. 
  • Día 4 Despois do almorzo, traslado do grupo a Santiago e fin dos nosos servizos.
  • Día 3 Traslado en microbús ata a comarca de Pontevedra onde comeza a segunda parte desta relaxante aventura, onde ademais de visitar os pazos históricos con importantes xardíns pasaremos por algúns dos seus viñedos, tendo a oportunidade de catar o viño de D.O. Rías Baixas. Visitaremos o Pazo de Rubiáns, o Pazo de Fefiñáns e o Pazo da Saleta. Esta noite aloxarémonos no Parador de Pontevedra.
  • Día 2
    Despois do almorzo, durante esta xornada faremos primeiro unha visita guiada polo centro histórico de Santiago de Compostela como introdución do día, para logo visitar o Pazo de San Lourenzo. 

    A continuación traslado en microbús aos pazos de Ribadulla e Oca. Non terminaremos o día sen pasar pola Ponte Gundián en San Xoán da Cova, ponte-icona de toda a comarca, unha antiga obra de enxeñaría pola que aínda segue a pasar o tren. Por esta zona domina a paisaxe o Pico Sacro, a cima máis bela e simbólica de Galicia, con restos medievais, digna da última visita do día antes de volver ao Parador Hostal dos Reis Católicos. Chegada ao parador, cea e aloxamento.
  • Día 1 Recollida do grupo no aeroporto de Santiago. Chegada e noite nuns dos hoteis máis antigo do mundo, o Parador Hostal dos Reis Católicos. Tarde libre para coñecer a cidade. Cea e aloxamento. 
Duración: 
4 días / 3 noites.

Prezo:
Min. 15 persoas
Min. 25 persoasSupl. Cuarto Indiv.
606 €
530 €
46 €

Servizos incluídos:

- 2 noches en el Parador Hostal dos Reis Católicos en régimen de media pensión (desayuno y cena).
- 1 noite no Parador de Pontevedra en réxime de media pensión (almorzo e cea).
- Servizo de microbús para os servizos especificados no programa (axudas de custo, peaxe e manutención do chofer incluído).
- Servizo de 1 guía oficial de Galicia para todas as visitas segundo programa.
- Entradas aos pazos indicados.
- Seguro turístico de viaxe.

Ver máis plans de...