A ruta da camelia II
Propómosvos unha escapada en contacto coa pedra máis nobre de Galicia, a dos seus pazos, e todo un universo vexetal, concentrado nos seus bosques e xardíns. Neles, as especies autóctonas e exóticas conviven entre estanques, fontes e fervenzas e xogan en composicións xeométricas, ao estilo francés, ou envólvense dunha aparencia agreste, máis inglesa. A presenza destacada da camelia, unha das flores máis emblemáticas dos xardíns pacegos de Galicia, achégalles beleza e unha forte personalidade.
Desde ...
595€
4 días
Oferta de:

Teléfono: +34 981 126 216

Correo electrónico: lcg@viajesviloria.com

Para reservar
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
Esta viaxe está pensado para amigos, ben amantes da botánica ou simplemente xente que goza do mundo pouco coñecido dos xardíns e pazos de Galicia. Nesta ruta denominada "Ruta da Camelia" realizaremos visitas privadas que nos levarán polas proximidades de Santiago de Compostela e Pontevedra, visitando os pazos Santa Cruz de Ribadulla, San Lourenzo, Oca, Fefiñáns, Rubiáns e A Saleta cuxos xardíns, históricos e artísticos, figuran entre os máis destacables de España.
  • Día 4 Despois do almorzo, traslado a Santiago de Compostela e fin dos nosos servizos.
  • Día 3 Continuamos coa ruta da Camelia que nos levará á comarca de Pontevedra, onde ademais de visitar os pazos históricos con importantes xardíns pasaremos por algúns dos seus viñedos, tendo a oportunidade de catar viño da D.O. Rías Baixas. Visitaremos o Pazo de Rubiáns, o Pazo de Fefiñáns e o Pazo de Saleta. Pola noite aloxarémonos nun hotel con encanto en Pontevedra.
  • Día 2 Despois do almorzo trasladarémonos á capital de Galicia, situada a pouco menos de 20 km, para realizar unha visita guiada polo centro histórico de Santiago de Compostela como introdución, para logo visitar o Pazo de San Lourenzo. A continuación, traslado e visita dos pazos de Ribadulla e Oca. Non terminaremos o día sen pasar pola Ponte Gundián en San Xoán da Cova, ponte-icona de toda a comarca, unha antiga obra de enxeñaría pola que aínda segue a pasar o tren. Por esta zona domina a paisaxe o Pico Sacro, a cima máis bela e simbólica de Galicia, con restos medievais, digna da última visita do día antes de volver ao Pazo de Lestrove.
  • Día 1 Chegada a Santiago e noite nun singular pazo, o de Lestrove, edificio do século XVI, próximo a Padrón e preto de Santiago de Compostela. Cea e aloxamento no pazo.
Duración:
4 días / 3 noites.

Prezo:
595 € para un mínimo de 4 persoas.
480 € para un mínimo de 6 persoas.

Mínimo / máximo de persoas para realizar o programa:
4 / 7 persoas. Para grupos de máis de 7 persoas, consultar prezo.

Servizos incluídos:

- 2 noites no Pazo de Lestrove en réxime de media pensión (almorzo e cea).
- 1 noite nun hotel con encanto en Pontevedra en réxime de media pensión (almorzo e cea).
- Servizo de chofer-guía oficial de Galicia durante o programa para os servizos especificados (axudas de custo, peaxe e manutención do chofer incluído).
- A visita do casco histórico de Santiago, parque da Alameda, etc. 
- Entradas aos pazos-xardíns indicados.

Ver máis plans de...