Entre osos, trasnos e castañas
Paquete de 3 días / 2 noites para coñecer tres dos bosques máis especiais de Galicia, comezando polos Ancares e o bosque de Cabana Vella e rematando polo Enciñar de Cruzul e o Souto de Agüeira.
Desde ...
120€
3 días
Oferta de:

Teléfono: +34 981 126 021

Correo electrónico: reservas@viajespaco.com

Para reservar

Correo electrónico: info@dmcgalicia.es

IVE
Transporte
Seguro de viaxe
  • Día 3
    Comezaredes o día cun bo almorzo a base de produtos caseiros para despois poñervos en marcha da man do guía —cada un no seu coche— cara a outros bosques fantásticos: ao leste, o Aciñeiral de Cruzul; ao oeste, o Souto de Agüeira. En función das vosas preferencias e inquedanzas, poderedes decidir ata onde penetrar en ambos os bosques; iso si, seguindo sempre os sabios consellos do guía. O bosque de Cruzul é por si mesmo unha rareza, xa que as aciñeiras non son propias de terras húmidas coma Galicia; ademais, as árbores, tímidas, atópanse tan acaroadas as uns ás outras que vos dará a impresión de que non vos queren convidar a coñecelas e de que tratan de pecharvos o paso ao bosque. E logo non será un bosque enfeitizado? Os mouchos, curuxas e sapos colaborarán de certo para facervos sentir en pleno corazón dun bosque encantado. Que non vos sorprenda se vos atopades cun trasno ou unha meiga!
     Abandonaredes con mágoa o Aciñeiral de Cruzul para dirixirvos ao próximo Souto de Agüeira. Neste caso poderedes seguir camiños creados pola xente do lugar para apañar as castañas e demais riquezas que ofrece este bosque. Poderedes ver como se alternan antigos castiñeiros de grandes dimensións —que parecen querer sobresaír do bosque na procura das raiolas do sol— e castiñeiros máis noviños, máis baixos e anchos, preparados para servir á poboación da zona. Este bosque fala non só da súa vexetación e fauna, senón tamén do seu estreito e cómplice vínculo co home.
     Para terminar a vosa aventura en busca de osos, lobos, trasnos e castañas, recomendámosvos que vos acheguedes a Gota a Gota, unha fábrica tradicional de licores.
  • Día 2
    Tras un almorzo completo, dispoñerédesvos a percorrer xunto ao guía os vieiros que vos levarán a descubrir os mellores recunchos do corazón dos Ancares internándovos no bosque de Cabana Vella. Recomendámosvos que levedes o pícnic do aloxamento, xa que a ruta que seguiredes é longa e seguro que vos resulta tentador comer ao aire libre en pleno bosque. En función das vosas preferencias, o guía pódevos recomendar varios desvíos que vos levarán a puntos máis altos, coma o de Penarrubia ou Os Tres Bispos, desde os cales teredes a oportunidade de apreciar espectaculares vistas das vellas montañas e da súa gran variedade de vexetación e fauna. Mesmo, se cadra, podedes albiscar os osos que moran nestas paisaxes, ou incluso os esquivos lobos!
     Unha vez rematada a ruta, que vos ha levar gran parte do día, desprazarédesvos coma nómades ata Becerreá, unha das portas dos Ancares, para cear e pasar a noite nun dos dous aloxamentos que vos propoñemos: a casa rural da Lareira, ou o Hotel de Natureza Pontes de Gatín. Esa noite debaterédesvos entre comentar a magnífica experiencia vivida nos Ancares e a emoción de planificar a seguinte vivencia: coñecer os bosques de Cruzul e Agüeira.
  • Día 1 Recomendámosvos chegar o primeiro día pola tarde-noite ao aloxamento Mesón Novo, moi coñecido por albergar a moitos amantes da natureza que se achegan ata alí para coñeceren de preto as magníficas montañas e os fermosos bosques dos Ancares. Alí cearedes cos mellores produtos caseiros namentres preparades a vosa aventura da man do noso guía da natureza.
Mesón Novo e Hotel de Naturaleza Pontes de Gatín
    - Tempada Baixa 120€
    - Tempada Alta 126€

Mesón Novo e Casa A Lareira  
    - Tempada Baixa 129€
    - Tempada Alta 135€

Servizos incluídos:

2 noites en réxime de media pensión incluíndo aloxamento, almorzo  e cena

Dúas rutas guiadas de sendeirismo acompañados por un guía de natureza durante dous días (1 xornada completa + 1 media xornada)

 

Visita á fábrica de licores artesans “Gota a Gota”, onde veremos cómo funciona a destilería de licor e ofrecerásenos unha cata.

Servizos non incluidos:

 Almuerzo Picnic completo 6€

Ver máis plans de...