Santuarios do Océano Atlántico
Paquete de fin de semana para percorrer o románico da Costa da Morte e algún dos santuarios máis coñecidos de Galicia
Desde ...
95€
3 días
Oferta de:

Teléfono: +34 981 126 021

Correo electrónico: reservas@viajespaco.com

Para reservar

Correo electrónico: info@dmcgalicia.es

IVE
Transporte
Seguro de viaxe
  • Día 3
    MONTE PINDO- ÉZARO-CARNOTA-MUROS

    Tras o almorzo podedes optar por unha ruta guiada ao Monte Pindo.
     Para iso é conveniente contar con servizo de guía por mor da dificultade do terreo e a falta de sinalización. A ruta que imos facer con guía é de 4h. Nela coñeceremos o significado desta catedral natural, onde a maxia se fai realidade. O Padre Sarmiento dicía que tiña propiedades máxicas e o escritor Otero Pedrayo chamáballe “gran cabeza xupiteriana”. O único xeito de saber se iso é ou non certo é achegándose a este lugar, considerado como O Olimpo Celta dos Deuses. O final da ruta será no punto máis alto, A Moa, a uns 627 metros sobre o nivel do mar. Desde aquí gozaremos dunhas marabillosas vistas sobre a fin da terra, o Cabo Fisterra, e se temos bo tempo e bos prismáticos poderemos ver as torres da Catedral de Santiago.
     Para os que non fagan a ruta guiada, recomendamos visitar o Miradoiro de Ézaro, onde teremos unhas magníficas vistas cara ao famoso Monte Pindo. Alí visitaremos o salto de auga do Xallas, un dos poucos ríos de Europa que desembocan nunha fervenza que cae directamente no mar.
     Podemos continuar cara á praia de Carnota, a máis longa de Galicia (7Km), e contemplar o hórreo desa mesma localidade, un dos máis grandes de Galicia (máis de 30 m).
     Xa para acabar e despedirnos da Costa da Morte, suxerimos facer unha parada en Muros, vila mariñeira. As súas estreitas rúas convídannos a perdernos nelas e a buscar a igrexa de San Pedro, coñecida tamén como Colexiata de Santa María do Campo. No seu interior deixarémonos sorprender polo Cristo da Agonía.
  • Día 2
    LAXE- MUXÍA- FISTERRA

    Almorzo e continuación da nosa viaxe cara ao sur. Tomamos camiño cara ao Santuario de Nosa Señora da Barca, en Muxía, pero antes propoñemos visitar varios lugares que enriquecerán o voso percorrido. Tedes incluído o servizo de guía para que vos acompañe na vosa elección, ben pola mañá ou pola tarde (3h).
    A igrexa de Santiago de Cereixo, en Vimianzo, será a primeira parada. Trátase dunha igrexa románica situada aos pés da Torre de Cereixo. No tímpano da súa fachada sur atópase a única representación nunha igrexa románica do traslado do corpo do Apóstolo Santiago acompañado polos seus discípulos.
     Continuando o voso camiño cara a Muxía atopamos, case ao pé da estrada, os antigos cenobios beneditinos de San Martiño de Orzón e San Xián de Moraime.
     Chegando a Muxía, recomendámosvos dar un paseo polo seu porto. Para un xantar mariñeiro con produtos de calidade, poderemos facilitarvos a reserva no restaurante Tira da Barca.
     A mellor sobremesa é a visita ao Santuario de Nosa Señora da Barca. Impoñente e maxestoso, levántase sobre as propias rochas á beira do mar. Antes de vos dirixir ao templo, gozade da panorámica para lembrar as historias que pola zona se contan. A tradición conta como a Virxe María chegou nun barco ata Muxía para alentar ao Apóstolo Santiago na evanxelización de Galicia. Esta embarcación quedou convertida na Pedra de Abalar, xunto ao que sería o casco do barco (a Pedra dos Cadrís) e as velas (a Pedra do Temón).
     Continuamos o itinerario ata Fisterra, onde visitaremos a igrexa románica de Santa María das Areas, na estrada que conduce ata o faro da Fin do Mundo. Posteriormente, e continuando polo mesmo camiño, podemos deixar o coche e facer unha ruta sinxela (4 Km) de subida ata a ermida do Monte de San Guillerme, onde hai unha lousa antropomórfica ligada desde tempos ancestrais co culto á fertilidade.
     A guinda deste día será o Faro de Fisterra, a fin do mundo coñecido na Antigüidade. O ideal é asistir ao espectáculo da posta do sol sobre o mar; a súa contemplación fará que nos preguntemos se isto é realmente a fin do mundo ou o comezo do ceo. Aloxamento en Cee.

  • Día 1
    LARACHA- MALPICA- CORME- LAXE

    O noso itinerario comeza na vila de Caión (A Laracha) para visitar o Santuario de Nosa Señora dos Milagres, a onde acode a xente en romaría para curarse dos males da pel. Desde aquí gozaredes dunhas inmellorables vistas.
     Continuamos a nosa viaxe cara a Malpica de Bergantiños para visitar o Santuario de Santo Hadrián do Mar, célebre porque, segundo a lenda, axudou aos veciños a se librar dunha praga de serpes. Sen abandonar Malpica, podedes visitar o Faro de Punta Nariga, moderno faro inspirado nas formas dun barco.
     Aconsellámosvos que fagades unha parada en Corme para degustar os coñecidos percebes do Roncudo; para moitos, os mellores de Galicia.
     Continuando o percorrido, chegamos a Laxe, onde temos o aloxamento no hotel con encanto Torre de Laxe.

Hotel Torre de Laxe
    - Tempada Baixa 95€
    - Tempada Alta 115€

    Tercera persoa en triple (Neno ou adulto)
        - Tempada Baixa 68€
        - Tempada Alta 89€

    Suplemento por MP en Laxe (cea), nenos ata 12 años 20€

 

Suplemento por MP en Cee, cunha mariscada 30€

Servizos incluídos:

1 noite en réxime de aloxamento e almorzo en Hotel Torre de Laxe.

1 noite en réxime de aloxamento e almorzo en Hotel Ínsua de Cee.

Visita guiada de 3h de Cereixo a Muxía ou de Muxía a Fisterra.

Reserva nos Restaurantes recomendados

Servizos non incluidos:

 Ruta guiada de sendeirismo polo Monte Pindo 22€

Ver máis plans de...