A cidade de Santiago naceu e creceu ao redor do sepulcro do apóstolo. O debuxo das súas rúas e prazas, a súa toponimia e os principais monumentos —emerxidos do epicentro que marca a catedral— son testemuñas diso. Todo nos fala do Camiño. En cada recanto histórico pálpase o pulo xacobeo.
A capital de Galicia non se entende sen a súa historia cultural. Posúe grandes infraestruturas, como a Cidade da Cultura, e unha prestixiosa universidade con máis de cinco séculos de historia, pero tamén iniciativas modestas, aínda que moi dinámicas, e activas nos barrios durante todo o ano. A cultura é a súa razón de ser.
A vitalidade de Santiago como destino gastronómico é enorme. A proba é o seu xenuíno Mercado de Abastos, o segundo espazo máis visitado da cidade, despois da catedral. Toda Compostela convida a petiscar e ao relax nas súas terrazas, tabernas ou restaurantes.
Santiago de Compostela é unha das cidades da Península Ibérica con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante. Sorprenden as zonas verdes da Alameda e o seu bosque de carballos, o seu principal emblema.
Moi preto da cidade, os municipios que a rodean ofrécennos rutas e atractivos suficientes para demorarnos na nosa visita. Damos paso a unha selección de monumentos, propostas de escapadas naturais e gastronómicas a algúns destes lugares na contorna de Santiago.
Aquí poderás editar e consultar todos os comentarios e fotos que vaias realizando ao longo do teu camiño.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuracion