Comezo do Camiño Inglés para peregrinos
Inicia a túa experiencia do Camiño Inglés con este paquete de 2 noites para coñecer Ferrol antes de comezar a peregrinación a Compostela.
Desde ...
235€
3 días
Oferta de:

Teléfono: +34 981 930 706

Correo electrónico: info@viaxesgalitur.com

Para reservar

Teléfono: 981 930 706

Correo electrónico: info@viaxesgalitur.com

IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Con esta experiencia poderás descubrir os recunchos crave de Ferrol xunto coa súa gastronomía. Ademais, facilitarémosche a credencial xunto o pack de benvida para que só teñas que ocuparte de coñecer a cidade da Ilustración.

Nas oficinas de turismo de Ferrol poderás recoller o teu pack de benvida que se compón de:
  • Credencial oficial co primeiro selo para o percorrido
  • Plano de Ferrol
  • Folleto do Camiño Inglés con mapa do roteiro
  • Guía para a visita libre de Ferrol Ilustrado
  • Cuncha do peregrino
Este programa vai dirixido a quen decida vivir a experiencia do Camiño desde o Peirao de Curuxeiras de Ferrol, en grupo ou de forma individual, para que antes de iniciar a súa aventura Xacobea, descubran e gocen da cidade durante 3 días/2 noites coma se fosen da man dun ferrolán (ceas con espectáculo, entradas a museos, degustacións, talleres, visitas guiadas, paseo en barco…)

Prezos dos paquetes para a tempada de verán 2021 (datas de inicio e fin supeditadas á situación da pandemia).

  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
  2. Suxeito a un mínimo de participantes. No caso de non acadar o mínimo, poderase substituír algunha das visitas previstas ou se reembolsará o importe.
  3. Inclúe Seguro de Asistencia en Viaxe e de Cancelación con coberturas extras por Covid-19

Servizos incluídos:

  • Pack de benvida do Camiño Inglés nas oficinas de turismo de Ferrol. Inclúe Credencial, Concha do Peregrino, Folletos, etc.
  • Dúas noites de aloxamento no hotel seleccionado en réxime de aloxamento e almorzo.
  • Un “menú do peregrino” nun restaurante da cidade, en función do aloxamento elixido.
  • Unha "mariscada do Camiño"
  • Almorzo picnic para o primeiro día do camiño.
  • Tres visitas a elixir entre as dispoñibles segundo data de chegada e situación sanitaria.
  • Seguro de Asistencia en Viaxe e de Cancelación con coberturas extras por “ Covid 19”

Servizos non incluidos:

  • Bebidas no xantar/cea e calquera outro non especificado.

Ver máis plans de...