Variante Monterrei, A Gudiña - Riós
Vía da Prata ou Camiño Mozárabe
- Feces
- Verín
- Laza
- Tamicelas
- A Alberguería
- Vilar de Barrio
- Padroso
- Xunqueira de Ambía
- Ourense
- Tamallancos
- A Casanova
- Cea
- Dozón
- Pontenoufe
- Bendoiro
- Silleda
- A Bandeira
- Outeiro
- Rubial
- Santiago de Compostela
Etapa: A Gudiña - Verín
Na Gudiña, a Vía da Prata ten, como vimos, dous itinerarios: a Verea Sur, que comunica con Laza-Vilar de Barrio-Ourense, ou o denominado Itinerario de Monterrei, que nos leva por Verín, Xinzo de Limia e Allariz, ata confluír ambos na cidade de Ourense.
A Gudiña- As Vendas da Barreira
Na Gudiña, a Vía da Prata ten, como vimos, dous itinerarios: a Verea Sur, que comunica con Laza-Vilar de Barrio-Ourense, ou o denominado Itinerario de Monterrei, que nos leva por Verín, Xinzo de Limia e Allariz, ata confluír ambos na cidade de Ourense.
Esta ruta diríxese, en primeiro lugar, á parroquia de San Mamede de Pentes. Continúa cara ao Mente e O Navallo, no municipio de Riós, e chega á localidade das Vendas da Barreira. É un tramo de contrastes na paisaxe: pequenos vales fértiles nutridos polo río Mente combínanse con contornas abatidas e de grandes panorámicas. Transitamos sempre preto da estrada N-525 e da A-52 (Autovía das Rías Baixas).
A Gudiña - As Vendas da Barreira
As Vendas da Barreira- Verín
Unha preciosa carballeira recíbenos á saída das Vendas da Barreira. Ímonos afastando das vías principais e pasamos por pequenas aldeas coma Trasestrada ou San Pedro de Trasverea. Entre elas atópase a localidade de Sarreaus, onde o camiño recibe o curioso nome de Camiño da Misa.
Prados bordeados por soutos e carballeiras lévannos ata Mirós. Subimos cara a Fumaces, aldea antiga ao abrigo da serra, e achegámonos xa a Verín. Asoma a cada pouco na paisaxe a silueta do magno castelo de Monterrei.