Etapa Padrón-Santiago de Compostela
Camiño Portugués
Etapa: Padrón-Santiago de Compostela
Atravesamos o val do poético río Sar, despois o santuario da Escravitude e chegamos ao alto do Milladoiro —o “humilladoiro”, é dicir, onde os peregrinos se “humillaban” ou axeonllaban ao ver por primeira vez a catedral—. Aquí xa se respira Compostela.
Padrón- A Escravitude
Saímos pola rúa das Dores, cruzamos o río Sar e chegamos a Iria Flavia, hoxe municipio de Padrón, pero que foi cidade romana e logo sé episcopal ata o século XI. Pasamos ante a fundación do Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela (está enterrado fronte a ela, no cemiterio da colexiata de Santa María de Adina) e cruzamos a N-550. O val do Sar nutre aldeas tradicionais como A Pousa, O Souto, O Rueiro, Cambelas ou Anteportas.
Padrón - A Escravitude
A Escravitude- O Milladoiro
Chegamos ao santuario da Escravitude. Tras el, os vales de Padrón e unhas magníficas vistas das terras de Amaía. Descendemos ata A Angueira de Suso. Percorremos O Faramello e chegamos ao albergue de Teo, unha boa opción de descanso. Culminada a subida, alcanzamos a Rúa de Francos e seguidamente Osebe.