Etapa: Santuario da Virxe da Barca (Muxía) - Lires
Lonxitude 15,3 Km
Dificultade Media-Alta
Duración estimada 3h 50min
Culminamos a etapa ata Lires sempre acompañados polo mar e por praias impoñentes.
Etapa Santuario da Virxe da Barca (Muxía) - Lires
Santuario da Virxe da Barca- Muxía
Lonxitude 0,7 Km
Dificultade Baixa
Duración estimada 10min
Saímos do Santuario da Virxe da Barca, de forte tradición xacobea, e do seu contorno de "pedras santas", ás que se lles atribúen propiedades curativas, cara a Muxía, bordeando o Monte Corpiño polo “Camiño da Pel”, topónimo que alude a unha desaparecida fonte na que se aseaban os peregrinos. Na parte baixa do monte, entrando xa na localidade de Muxía, chegamos á igrexa de Santa María, construída en estilo gótico-mariñeiro na segunda metade do século XIV.
Saímos de Muxía polas rúas Campo das Pinas, Os Malatos e Enfesto. Bordeando a praia de Lourido chegamos á aldea de Xurarantes e ao Facho de Lourido, antiga atalaia onde os veciños acendían fogueiras para avisar dos perigos que axexaban estas costas.