Vilalba-Baamonde
Camiño do Norte
- Ribadeo
- Vilela
- A Ponte
- Vilamartín Pequeno
- Gondán
- Lourenzá
- San Pedro da Torre
- Mondoñedo
- Abadín
- Martiñán
- Goiriz
- Vilalba
- Ponte de Sa
- Baamonde
- Digañe
- Miraz
- A Roxica
- O Marco das Pías
- Guitizá
- Sobrado dos Monxes
- As Corredoiras
- Sendelle
- Arzúa
- A Salceda
- Santa Irene
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Vilalba-Baamonde
Paisaxes poboadas de xenuínas mostras de arquitectura tradicional acompañarannos na nosa ruta polos núcleos da Seara, Sabugueiros, Gabín, O Castro ou Regovide.
Vilalba- Ponte de Sa
Desde Vilalba, o Camiño continúa seguindo trazados posiblemente medievais e sendas reais, documentados xa no século XVII. Atravesamos unha pequena ponte sobre o río Trimaz e alcanzamos o lugar de Penas Corveiras. Paisaxes poboadas de xenuínas mostras de arquitectura tradicional acompañarannos na nosa ruta polos núcleos da Seara, Sabugueiros, Gabín, O Castro ou Regovide.
A un 6,7 km do inicio estaremos en San Xoán de Alba. Camiñamos pola marxe dereita da estrada comarcal C-634. Pasamos por Ponte Pedrouzos, Costián, O Coutado e Goiriz, desde onde descendemos en dirección ao río Labrada. Atravesamos a canle pola magnífica ponte medieval de Sa, construída en grosas lastras de lousa e de varios ollos ou arcos en diminución.
Vilalba - Ponte de Sa
Ponte de Sa- Baamonde
O Camiño percorre unha franxa de terreo comprendida entre o río Ladra e a autovía A-8. Pasa por As Casas Novas, Contariz, Casamuíño, A Castiñeira e a capela do Carme. O río Ladra ofrece paisaxes cativadoras e recantos onde, nos meses benignos, poder refrescarse á sombra dos bidueiros. Tras pasar por lugares como A Estrada, chegamos a Ferreira.
Continuamos paralelos á estrada C-634 e entramos en Baamonde, localidade do concello de Begonte. Alí pódese ver a igrexa de Santiago de Baamonde, con trazos do romándico e mais do gótico do século XIV. No seu atrio álzase un calvario formado por tres cruceiros e un antiquísimo castiñeiro, en cuxo tronco se tallou unha capela dedicada á Virxe, obra do escultor local Víctor Corral.