Camiño do Norte

Etapa: Santiago da Ría de Abres-Mondoñedo

  • Lonxitude 31,1 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 7h 50min

Variante procedente de Castropol e Vegadeo, rodea a zona baixa do río Eo e entra en Galicia por Santiago da Ría de Abres (concello de Trabada), xa na provincia de Lugo. Atravesa Trabada, a serra da Cadeira e o val de Lourenzá. Chega a Mondoñedo pola ponte do Pasatempo.

Santiago da Ría de Abres- Trabada

  • Lonxitude 11,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 55min

Esta variante transcorre primeiro pola zona baixa do río Eo e atravesa os municipios de Castropol, Vegadeo e Santiago de Abres (todos eles, asturianos) ata chegar a Trabada, xa na provincia de Lugo.

Trabada- Mondoñedo

  • Lonxitude 19,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 4h 55min

Continúa polo máis fondo do val —pasando por lugares como San Tomé de Lourenzá ou polo Castro— e conflúe en Mondoñedo coa ruta que vén de Vilanova de Lourenzá.