Axenda de Eventos

Camiño de Santiago
Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D
Do 28 decembro ao 6 marzo | Sala Municipal de Exposicións Tui
Comeza:
28 decembro | 09:00
Remata:
6 marzo | 21:00
Onde:
Sala Municipal de Exposicións Tui

De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren este camiño de peregrinación.

O título da mostra fai referencia a unha frase recollida no libro IV do Códice Calixtino no que se narra a aparición do Apóstolo Santiago ao emperador Carlomagno onde lle pide que o seu exército combata ás xentes pagás, libere o seu camiño e visite a súa basílica e sartego profetizando…”e despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.

Espazo: Sala Municipal de Exposicións
Dirección: Edificio Área Panorámica. Rúa Colón, 2. Tui

Fecha: do 28 de decembro de 2020 ao 10 de febreiro de 2021
Horario da exposición: de luns a sábado de 09:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h.

Tipo de evento: Camiño de Santiago