Axenda de Eventos

Camiño de Santiago
Carteles para un Camiño. 100 anos de ilustración xacobea
Do 27 novembro ao 14 marzo | Museo da Biblioteca Nacional de España Madrid
Comeza:
27 novembro | 10:00
Remata:
14 marzo | 20:00
Onde:
Museo da Biblioteca Nacional de España Madrid

Exposición organizada polo Ministerio de Cultura e Deporte, en colaboración coa Biblioteca Nacional de España, repasa a través do debuxo e o cartel a iconografía e a representación relixiosa, artística, literaria e ideolóxica do Camiño de Santiago, como protagonista da historia de España e de Europa. Comisariada por José Tono Martínez, presenta o debuxo ou o deseño mediante carteis, folletos, programas de festas, credenciais e outros recordos. Pero tamén hai fotografía e tipografía. Con fondos e reproducións procedentes da propia Biblioteca Nacional, do Centro de Documentación Turística de España (Turespaña-Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), do Museo do Pobo Galego, do Museo do Pontevedra e de coleccións particulares como a Colección Lalanda. A selección mostra traballos, entre outros, de Castelao, Carlos Maside, Carlos Sobrino, Eduardo Santonja, Juan Luís, Hidalgo de Caviedes, José Morell, José Caballero, José García-Ochoa, Fransesc Catalá-Roca, Anxo e Álvaro Bellido, Luís Carballo, ata chegar a Ana Juan, Javier Mariscal e Ouka Leele. A exposición culmina cos resultados do proxecto Historietas Xacobeas, comisariado por José Tono Martínez e Pere Joan. Trátase de sete historietas  e oito carteis realizados por quince artistas españois que actualizan, a través da súa mirada, a iconografía tradicional sobre o Camiño de Santiago.

Tipo de evento: Camiño de Santiago