Axenda de Eventos

Camiño de Santiago
XI Congreso Internacional de Estudos Xacobeos: Berenguel de Landoria
Do 19 ao 22 febreiro | Museo das Peregrinacións e de Santiago Santiago de Compostela
Comeza:
19 febreiro | 18:00
Remata:
22 febreiro | 17:00
Onde:
Museo das Peregrinacións e de Santiago Santiago de Compostela

O Congreso Internacional de Estudos Xacobeos é un dos principais encontros científicos da cultura xacobea promovido polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago; conta coa colaboración e patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo.

Este congreso vense celebrando con carácter bienal desde o ano 1993 e, nesta ocasión, a undécima, estará dedicado á importante figura do arcebispo compostelán Berenguel de Landoria, de quen en 2018 se cumpriron 700 anos da súa chegada a Santiago de Compostela.

O XI Congreso Internacional de Estudos Xacobeos contará coa dirección científica de Adeline Rucquoi, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, doutora en historia pola Universidade da Sorbona (París) e directora de investigación emérita no C.N.R.S. (Centro Nacional de Investigacións Científicas, Francia). 

Nesta edición o congreso contará con vinte investigadores de primeiro nivel, veteranos representantes de institucións, cátedras e centros de estudo, xunto con outros especialistas máis novos e con gran proxección, que presentarán valiosas reflexións e achegas sobre aspectos significativos da figura do arcebispo Berenguel de Landoria, a sé compostelá, a Orde dos predicadores, a arte e a cultura xacobea.

Data: 19, 20, 21 e 22 de febreiro de 2020

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: Praza das Praterías. Santiago de Compostela

Organizan: Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Consellería de Cutura e Turismo

Colabora: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Secretaría técnica: Área de Cultura Xacobea. S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Información: cultura.xacobea@xacobeo.org

Prazo de inscrición: do 8 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2020

Formulario online de inscriciónhttps://forms.gle/VcRnNCjDv9vVpav36

Tipo de evento: Camiño de Santiago