Axenda de Eventos

Visita guiada/Roteiro
MuseumWeek'21
Do 7 ao 13 xuño | evento online Santiago de Compostela
Comeza:
7 xuño | 10:00
Remata:
13 xuño | 20:00
Onde:
evento online Santiago de Compostela

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura únese á # MuseumWeek2021 dedicando 7 días, 7 ideas e 7 hashtags á creatividade.

Deste xeito, súmase un ano máis a esta celebración que pretende estimular o espírito de creatividade e creación, especialmente nos máis novos, e difundir contido cultural relevante para facer máis accesible o coñecemento a todos os públicos.

Cada día dedicarémoslle un tema e compartirémolo na conta de Twitter da Cidade da Cultura. Animámosvos a seguirnos ou participar cos seguintes hashtags e comportir as túas historias e experiencias temáticas co Museo Centro Gaiás.

Tipo de evento: Visita guiada/Roteiro
Entrada: Entrada de balde