Axenda de Eventos

Exposición
Galicia Futura: Todo o que imos ser
Do 14 xullo ao 9 xaneiro | Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela
Comeza:
14 xullo | 10:00
Remata:
9 xaneiro | 20:00
Onde:
Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

Como che imaxinas a Galicia futura? Esta exposición sae en busca de respostas a esta pregunta a través dun suxestivo diálogo entre arte e ciencia, entre tecnoloxía e creatividade.
Comisariada por Deborah García Belo - deborahciencia- e Miguel Ángel Cajigal Beira - elbarroquista-, Galicia futura é o terceiro gran proxecto expositivo da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura con motivo do Xacobeo 21·22 e pecha o ciclo iniciado con Galicia, un relato no mundo e Galicia, de Nós a nós. A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar os camiños do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda. Galicia futura profunda tamén no noso pasado para identificar comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o foco nunha antoloxía de pezas destacadas que representaron no seu momento un impulso decidido cara ao futuro en diversos campos.

Mostrar o que se está facendo desde distintas áreas do coñecemento, facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber permítennos comprender a súa progresión, e buscar as claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia son os obxectivos dunha mostra viva, que quere transcender as paredes do Museo Gaiás e impulsar procesos creativos propios. Por iso, exhibiranse pezas artísticas creadas especificamente para este proxecto por destacados nomes das artes plásticas, as letras, o audiovisual, a ciencia, a escena, o deseño ou a música galega, que contribuirán á visión diversa e coral que tenta ofrecer a exposición.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde