Axenda de Eventos

Espectáculo
Terceiro acto
Do 16 abril ao 16 maio | Salón Teatro Santiago de Compostela
Comeza:
16 abril | 20:00
Remata:
16 maio | 20:00
Onde:
Salón Teatro Santiago de Compostela

Unha troupe de actrices e actores veteranos se reune clandestinamente pola noite para emprender a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para reconciiliarse co que xa non está, á vez que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse  tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.

Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Tipo de evento: Espectáculo  |  Teatro