Axenda de Eventos

Exposición
Faraón. Rei de Exipto
Do 27 marzo ao 15 agosto | Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela
Comeza:
27 marzo | 10:00
Remata:
15 agosto | 20:00
Onde:
Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

O 26 de marzo, inaugurarase Faraón. Rei de Exipto, organizada no marco do Xacobeo 2021, en colaboración coa Fundación ”la Caixa” e con fondos do British Museum. “Para un museo tan novo como o Museo Centro Gaiás, é toda unha proba de recoñecemento profesional que unha institución como o Bristish Museum, un dos museos máis relevantes do mundo, confíe en nós para xestionar pezas dun valor tan extraordinario como as que se amosarán nesta mostra”, destacou o conselleiro.

Xa no outono o Museo continuará a traballar na posta en valor de destacados artistas galegos como é o caso de Jorge Castillo, a través dunha exposición que se concentrará na súa faciana como escultor e que estará comisariada por Pilar Corredoira: Castillo, escultor. Ferro, bronce, arxila. A última grande exposición do Museo deste ano terá o fenómeno xacobeo e a fotografía como protagonistas, baixo o título O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra.

 

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde