Axenda de Eventos

Visita guiada/Roteiro
Museo da Mel de As Pontes
Do 1 xaneiro ao 31 decembro | Casa de la Miel- As Pontes Ferrol
Comeza:
1 xaneiro | 16:00
Remata:
31 decembro | 21:00
Onde:
Casa de la Miel- As Pontes Ferrol

Xestionada pola Asociación Galega de Apicultura, pretende a divulgación e sensibilización do mundo das abellas entre os seus visitantes, fundamentalmente escolares e outros grupos, futuros apicultores e consumidores destes produtos naturais.

A CASA DO MEL, atópase no centro xeográfico da Comarca Eumesa, nunha das entradas do Parque Natural das Fragas do Eume, en Goente.

Neste centro de divulgación apícola levan a cabo distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así como un labor de divulgación e formación entre as distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e afeccionados á apicultura.

A Casa do Mel dispón nas súas instalacións de varias salas de exposicións, así como unha sala de extracción e envasado do mel, un laboratorio para controlar a calidade do mel e tamén conta cunha sala para conferencias e cursos.

Actividades: Cursos de apicultura, visitas de escolares e grupos organizados, catas de mel, análise física, químico e polínico dos meles, talleres de mel, cera e de cosmética, utilizando os produtos que nos producen na colmea as abellas

Tipo de evento: Visita guiada/Roteiro
Entrada: Entrada de balde