Axenda de Eventos

Exposición
Todo aquilo que sucede e con todo non é
Do 26 marzo ao 29 agosto | MARCO - Museo de Arte Contemporánea Vigo
Comeza:
26 marzo | 10:00
Remata:
29 agosto | 20:00
Onde:
MARCO - Museo de Arte Contemporánea Vigo

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

As pezas e montaxes de Rosendo Cid responden a esta idea, talvez abstracta, talvez poética, empregando –como na maioría dos seus traballos– materiais atopados ou desfeitos, algúns procedentes do seu propio taller. Atoparemos pezas escultóricas, fotográficas, e algunhas próximas ao pictórico, así como outras nas que o texto é parte fundamental, según a súa noción de que a palabra é tan importante como a peza ou o obxecto en si mesmo.

Tipo de evento: Exposición