Axenda de Eventos

Espectáculo
O libro misterioso dos Ratos de Lonxedetodo
Do 22 febreiro ao 12 xuño | Biblioteca Municipal Ágora A Coruña
Comeza:
22 febreiro | 11:30
Remata:
12 xuño | 18:30
Onde:
Biblioteca Municipal Ágora A Coruña

Sabías que todas as amizades dos ratos de LonxeDeTodo poden ter un carné de Rato?

Con el parecerás Fuco, Pillo, Lili, Carolina...

O que pasa é que non todo o mundo pode ser un rato, porque xa sabedes que os ratos de "LonxeDeTodo" son moi lectores e coñecen moitos contos!.

Pero nós traemos a solución para que o consigas: se queres ser "Rato" tes que coñecer un montón de contos. Coñeces ou non coñeces moitos contos? Seguro que sí.

Nas bibliotecas imos facer un xogo: entregarémosche unha chequeira con billetes para que vaias adiviñando os "libros misteriosos" dos que os Ratos de Lonxedetodo irán dando pistas nas distintas emisións en streaming.

Para adiviñar o libro de cada sesión, poderás tamén achegarte á túa biblioteca e darémosche máis pistas para axudarche co misterio e, cando o descubras, cuñaremos o billete da túa chequeira. Só tes que adiviñar un número determinado de contos e... listo! o carné de Rato Honorífico de Lonxedetodo será teu.

Que che parece?

Tipo de evento: Espectáculo  |  Contacontos/Narración oral
Público: Público infantil
Entrada: Entrada de balde