Axenda de Eventos

Espectáculo
Club Audiovisual Feminista
Do 31 marzo ao 5 maio | Paseo Ronda A Coruña
Comeza:
31 marzo | 16:30
Remata:
5 maio | 19:00
Onde:
Paseo Ronda A Coruña

Unha proposta para explorar as narrativas cinematográficas, televisivas e dos formatos nados ao abeiro da revolución dixital desde a perspectiva de xénero, en colectivo e con mirada crítica.

As sesións celebraranse todos os mércores entre o 31 de marzo e o 5 de maio en horario de 16:30 a 19:00h. O programa de contidos, de 15h de duración, divídese en tres bloques temáticos:

BLOQUE 1:

Introdución

-Comunicación audiovisual e perspectiva de xénero.-Epistemoloxías feminista:. o test de Bechdel e outras metodoloxías de análise.

BLOQUE 2:

Análise fílmica e linguaxe audiovisual-Fundamentos técnicos de análise fílmica.-A narración en imaxe.-A representación dos xéneros: as mulleres nos medios audiovisuais.

BLOQUE 3:

Exercicios prácticosA modo de proxecto final, cada participante seleccionará unha secuencia dun filme, programa televisivo, webserie, videoclip ou calquera outra peza audiovisual para compartir e analizar entre todas

Tipo de evento: Espectáculo  |  Contacontos/Narración oral