Axenda de Eventos

Exposición
A máxia do colibrí
Do 26 marzo ao 29 agosto | MARCO - Museo de Arte Contemporánea Vigo
Comeza:
26 marzo | 11:00
Remata:
29 agosto | 21:00
Onde:
MARCO - Museo de Arte Contemporánea Vigo

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estancia da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vinculado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

A maxia do colibrí reúne seis relatos de seis persoas angustiadas, con medos e obsesións comúns a outros seres humanos, a quen a través dunha médium ofréceselles a posibilidade de curar os seus males (cada un deles asociado a unha cor) a través da morte dun colibrí. A obra está conformada pola reprodución dos colibrís como obxectos, xunto aos seis textos que relatan cada unha das historias. O conflito xorde á hora de matar a un ser vivo. E, finalmente, todo pacto ten un prezo.

Tipo de evento: Exposición