Axenda de Eventos

Exposición
Containers
Do 10 setembro ao 9 xaneiro | MARCO - Museo de Arte Contemporánea Vigo
Comeza:
10 setembro | 11:00
Remata:
9 xaneiro | 21:00
Onde:
MARCO - Museo de Arte Contemporánea Vigo

Esta exposición reúne por vez primeira a serie Containers, na que Manuel Quintana Martelo (Roxos, 1946) leva traballando sen interrupción desde 2012, practicamente inédita.

Durante o últimos sete anos, Quintana Martelo centrouse nunha serie de cadros nos que o motivo, o gatillo, a escusa, son os contedores que atopa nas cidades que visita. Todos teñen un trazo común que consegue chamar a atención: inicialmente, unha presenza escultórica definida, unha composición atractiva e un impacto visual. A serie está baseada nun conxunto de contedores, tratados como presenzas escultóricas, pero tamén como bodegóns urbanos. Trátase da primeira exposición individual de Quintana Martelo en Vigo desde 2010.

A mostra inclúe bosquexos, debuxos preparatorios, debuxos e acuarelas de gran escala, e cadros en diferentes formatos. Así, pódese seguir o modo de traballar do artista e a súa resposta ante distintos soportes.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde