Axenda de Eventos

Xornada/Congreso
VI Xornadas Lacónicas
Do 4 ao 28 febreiro | Varios espazos A Coruña
Comeza:
4 febreiro | 18:00
Remata:
28 febreiro | 00:00
Onde:
Varios espazos A Coruña

Os coruñeses e coruñesas poderán degustar nas súas casas os tradicionais menús de Entroido grazas ás Lacónicas, VI Xornadas gastronómicas do Lacón con Grelos que se reinventan con servizo a domicilio e de recollida en local.

As xornadas Lacónicas consolídanse como unhas xornadas distintas e singulares á programación habitual de eventos gastronómicos do Consorcio de Turismo da Coruña, xa

que nelas búscase exaltar un produto clásico da cociña tradicional galega no marco dunha festa tan querida polas coruñesas e coruñeses como é o Entroido e que nesta ocasión mantense como apoio aos locais hostaleiros nun momento complicado no que precisan da axuda de todos e todas.

Nesta ocasión non se celebrarán os showcookings e actividades que estaban asociadas nos mercados municipais coruñeses a este evento, debido ás restricións existentes.

Tipo de evento: Xornada/Congreso