Axenda de Eventos

Exposición
As miradas de Isaac
Do 6 novembro ao 4 abril | Cidade da Cultura Santiago de Compostela
Comeza:
6 novembro | 10:00
Remata:
4 abril | 20:00
Onde:
Cidade da Cultura Santiago de Compostela
Coincidindo co centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo (22 e agosto de 1920-5 de xaneiro de 2012), concibiuse unha exposición no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura que --do 6 de novembro de 2020 ao 4 de abril de 2021-- se achegara á súa desbordante personalidade e ao seu amplo e polifacético labor, sempre desde unha visión integradora e unha firme defensa dos valores máis auténticos de Galicia, aos que se entregou sen descanso ao longo da súa fértil existencia. Estamos ante unha exposición que pretende lembrar a un personaxe irrepetible que abordou múltiples disciplinas, tanto as relativas ao mundo da arte, como ás do intelecto, ás técnicas ou ás industriais e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Unha mostra que procura, ademais, expresar a excelencia humana de Díaz Pardo, posiblemente un dos personaxe máis homenaxeados, admirados e queridos da historia recente de Galicia. Para aproximármonos ao seu singular universo, a mostra está composta por obras de arte, obxectos personais, fotografías, textos, murais, cerámicas, documentos e proxeccións distribuídos e repartidos ao longo de dez seccións. A través delas analizaranse e divulgaranse ao home e a súa obra: a importancia do pai –Camilo Díaz Baliño– no desenvolvemento da súa personalidade; a infancia e mocidade compostelá; a faceta de pintor, que deixou unha profunda pegada en todas as súas realizacións; o seu contacto co exilio e o seu compromiso pola recuperación da memoria histórica; o labor como escritor; os emprendementos empresariais, con Sargadelos como insignia das súas realizacións industriais; as iniciativas culturais e investigadoras, entre as que cabe destacar o Seminario de Sargadelos ou o Instituto de Galego de Información; o deseñador industrial que proxectou máquinas, porcelanas, mobles ou Ediciós do Castro; o editor imparable; e finalmente o recuperador –con Luis Seoane– da vangarda artística galega anterior á Guerra Civil, coa posta en marcha do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.
Tipo de evento: Exposición