Axenda de Eventos

Exposición
28ª Edición Galicia en Foco
Do 13 ao 31 xaneiro | Fórum Metropolitano A Coruña
Comeza:
13 xaneiro | 08:00
Remata:
31 xaneiro | 21:00
Onde:
Fórum Metropolitano A Coruña

O proxecto de Galicia en Foco, creado en 1989 polo Club de Prensa de Ferrol, foi o primeiro movemento fotográfico tendente a reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalado pola numerosa participación de reporteiros que cada ano acoden a esta convocatoria.

A mostra fotográfica serve así mesmo de recomplilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación.

Tamén esperta o interese do público pola obra dos realizadores gráficos: que se coñezan os seus nomes, a súa profesionalización e a súa identificación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.

O Club de Prensa de Ferrol acumula a través das 27 edicións pasadas un importante fondo documental fotográfico que supera as 1.500 fotografías que veñen a ser historia do recente reporterismo gráfico de Galicia.

Tipo de evento: Exposición  |  Fotografía
Entrada: Entrada de balde