Axenda de Eventos

Exposición
Redución
Do 30 decembro ao 31 xaneiro | Sala de Exposicións da Deputación de Lugo Lugo
Comeza:
30 decembro | 10:00
Remata:
31 xaneiro | 20:00
Onde:
Sala de Exposicións da Deputación de Lugo Lugo

Na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo pódese ver a exposición «Redución», de Felipe Romero Beltrán, VII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2019, ata o 31 de xaneiro de 2020. O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea está organizado pola asociación Outono Fotográfico, conta co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputacioìn de Lugo.

Redución indaga os procedementos de arresto e sometemento policial en (corpos) indocumentados en Madrid.

A condición legal do (corpo) inmigrante determina se pode ou non transitar regularmente todas as rúas da cidade. Os percorridos diarios do (corpo) inmigrante ven afectados se este non posúe documentos de identificación ou unha residencia xustificada no país. Isto, en termos legais, coñécese como (corpo) indocumentado. O corpo policial realiza periodicamente unha revisión do estado legal dos residentes en zonas onde estatisticamente poden atopar máis irregularidades. Estes lugares son chamados «Zonas quentes». Cada vez que se emite a advertencia de policía na zona, os (corpos) inmigrantes que non posúen documentación evitan ditas rúas dos seus percorridos habituais para non ser descubertos. O (corpo) inmigrante transita as rúas en relación ás zonas que poida atravesar.

Na nova zona establecida, sitúase un corpo policial. Isto implica a modificación da rutina diaria de tránsito do (corpo) inmigrante sen documentación. Se o (corpo) inmigrante é interceptado, redúceselle e é trasladado ao CIE (Centro de Internamento de Estranxeiros). A redución e o sometemento do (corpo) indocumentado réxese polo Manual de Defensa Policial que establece o Corpo Nacional de Policía. O manual explica detalladamente como reducir a outro corpo, ou dito doutro xeito, como neutralizar ao (corpo) indocumentado a través de técnicas de combate.

Tipo de evento: Exposición