Axenda de Eventos

Exposición
Prontuario
Do 7 xaneiro ao 8 marzo | O Vello Cárcere Lugo
Comeza:
7 xaneiro | 10:00
Remata:
8 marzo | 20:00
Onde:
O Vello Cárcere Lugo

As celas de homes da pranta baixa do Vello Cárcere acollen a exposición «Prontuario» de Vanessa Somoza Domínguez ata o 8 de marzo. A mostra é un prontuario que percorre parte da prolífica obra figurativa da artista lucense coñecida tamén polo seu forte compromiso social e reivindicativo que tamén traslada a estas obras onde vemos o maltrato sufrido polas clases populares e as nefastas consecuencias desta sociedade mercantilizada pero cun atisbo de esperanza, dando voz coas súas pinceladas as clases máis vulneradas, aos emigrantes, mulleres, nenos e nenas sen voz. 

Vanessa Somoza imparte clases artísiticas en Mil Cores para todas as idades.

Tipo de evento: Exposición