Axenda de Eventos

Exposición
Retrospectiva
Do 19 decembro ao 16 febreiro | Sala Municipal José Ángel Valente Ourense
Comeza:
19 decembro | 21:00
Remata:
16 febreiro | 21:00
Onde:
Sala Municipal José Ángel Valente Ourense

A sala municipal José Ángel Valente inaugura na tarde do día 19 de decembro (20:00 horas) a exposición Retrospectiva, de Carmucha Vázquez Prats. A artista nacida en Pontevedra en 1934, residente en Ourense, presenta nesta mostra medio cento de obras que percorren a súa obra e resumen a súa vida pictórica. Muller adicada á pintura dende nena, é un exemplo de constancia, traballo e implicación artística. A súa primeira exposición foi nos anos 50, e desde aquela realizou continuas mostras a nivel nacional e internacional.

Vázquez Prats procede a pinceladas curtas, case unánimes, que van compoñendo con pequeños fragmentos de cor a paisaxe estremecida da súa pintura. Son pinceladas sinxelas mais sinceras e  alleas ao efectivismo fácil, que se esparexen polo fondo do cadro coa mesma minuciosidade de procedemento que cando tocan a figura protagonista. É mostra desa xenerosidade de valoralo todo co mesmo aprecio, sen establecer distancias.

A exposición poderase visitar até o día 16 de febreiro na sala municipal da rúa do Paseo.

Tipo de evento: Exposición