Axenda de Eventos

Exposición
Jorge Martins. sombras e paradoxos
Do 27 setembro ao 5 xaneiro | Museo de Arte Contemporáneo de Vigo Vigo
Comeza:
27 setembro | 10:00
Remata:
5 xaneiro | 21:00
Onde:
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo Vigo

Jorge Martins. Sombras e paradoxos, comisariada por Óscar Alonso Molina, ocupará as salas frontais do primeiro andar do MARCO entre o 27 de setembro de 2019 e o 5 de xaneiro de 2020. Con esta mostra teremos oportunidade de traer a Galicia a obra dun dos nomes de referencia da plástica portuguesa do derradeiro século —Jorge Martins (Lisboa, 1940)—, posible grazas á xenerosa colaboración da Fundação Carmona e Costa, do MEIAC, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badaxoz, e do CAMÕES – Instituto da Cooperação e da Língua de Portugal.

Tipo de evento: Exposición