Axenda de Eventos

Exposición
Rafael Úbeda- Cromatismo expresivo
Do 1 outubro ao 8 decembro | Museo Provincial de Lugo Lugo
Comeza:
1 outubro | 08:00
Remata:
8 decembro | 21:00
Onde:
Museo Provincial de Lugo Lugo

Desde a experiencia que lle proporciona a súa continuada e sólida posición como artista,  Rafael Úbeda encóntrase, actualmente, nunha etapa na que afronta a creación, trazando unha realidade nunca vista,  inmerso no seu particular  mundo plástico sonoro, de atrevidas sucesións de formas, equilibrios e contorsións. O propio pintor expresou nalgunha ocasión: “ ... a miña pintura camiña cara a unha continuada síntese; eu diría cara á máxima esencia, pero sen desbotar a figuración, por moi deformada que a presente, pois sinto viva necesidade desa tensión que a propia vida nos ofrece, xa que a nosa máis enérxica obsesión  nos despraza – antes que nada -  ao noso eu, con todas as súas manifestacións, alegres ou dramáticas. Interésame o dinamismo, a procura de novas formas, o ritmo e a modalidade que constitúen “esencia”, as sucesivas improntas de cor ben marcadas, para conseguir ese difícil resultado expresivo”.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde