Axenda de Eventos

Exposición
Caiuco na fronteira de papel
Do 10 outubro ao 17 novembro | Pazo da Cultura Pontevedra
Comeza:
10 outubro | 17:00
Remata:
17 novembro | 21:00
Onde:
Pazo da Cultura Pontevedra

Completa o Pazo da Cultura de Pontevedra o seu espazo expositivo cunha mostra de fotografía realizada por Xacobe Meléndrez Fassbender (Tegucigalpa, Honduras, 1963), que vén deste xeito a manter á fotografía como disciplina artística de interese dentro do outono artístico pontevedrés

Unha mirada inzada de compromiso cunhas fotografías nas que a metáfora e a poética das súas compoñentes sitúannos fronte a dureza dun discurso no que os procesos migratorios que están de novo, como o foi tempo atrás, incluso dende o principio da humanidade sendo parte da nosa conformación como sociedades, a definir o noso tempo. Esceas crueis que miramos cada día cunha abraiante normalidade pero nas que se agochan proxectos de vida devastados pola propia sociedade de hoxe.

A fotografía de Xacobe Meléndrez Fassbender actívase fronte esa realidade facendo da emigración un acubillo da memoria, do medo, a fame, a soidade ou a esperanza a través dunha serie de fotografías e visións que dende a suxerencia, dende a visualización de diferentes situacións que teñen lugar tanto na natureza como no ámbito urbano, levannos á reflexión sobre o que significa a migración do ser humano.

Visitable ata o 17 de novembro con entrada libre de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Tipo de evento: Exposición  |  Fotografía