Axenda de Eventos

Exposición
Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López
Do 2 maio ao 21 xullo | Pazo de San Marcos Lugo
Comeza:
2 maio | 20:00
Remata:
21 xullo | 14:00
Onde:
Pazo de San Marcos Lugo

Esta exposición afonda sobre na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa Seoane, compañeira de Luis Seoane. Despois da morte do debuxante, Maruxa dedicouse a recuperar todo o seu legado e traelo para Galicia. O seu obxectivo viuse cumprido no ano 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane.

A mostra reúne unha selección de óleos, fotografías, obra gráfica e outros documentos que retrata a traxectoria desta muller que tiña vocación de servizo á cultura galega. Na sala de exposicións do Pazo de San Marcos habilitouse un espazo no que se proxecta un documental dirixido por Juan de la Colina, que ilustra e reflexiona acerca da figura de Maruxa Seoane.

Tipo de evento: Exposición