Axenda de Eventos

Exposición
Superpoderes. David Aja e David Rubín
Do 26 abril ao 6 xullo | Teatro Afundación Vigo Vigo
Comeza:
26 abril | 20:00
Remata:
6 xullo | 20:30
Onde:
Teatro Afundación Vigo Vigo

A mostra conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o símbolo do superheroe no século XXI da man de David Aja e David Rubín, dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de cómic, que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano.

Poderase gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel do valisoletano David Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America. Xunto a eles, outros traballos realizados polo autor para a editorial Dark Horse, como algunhas páxinas de The Seeds, cómic que aínda non apareceu no mercado estadounidense e que os espectadores desta exposición poderán contemplar. 

Baixo a firma do autor ourensán David Rubín, a mostra inclúe a obra El Héroe, unha sentida homenaxe aos cómics do pioneiro do xénero Jack Kirby e unha lúcida reflexión sobre as orixes mitolóxicas do concepto de superheroe. Tamén expón ilustracións de personaxes tan icónicos como Batman, Spirit ou Private Eye. Rubín deu o seu salto á industria norteamericana no ano 2014, onde a súa particular estética foi moi ben recibida, sendo nomeado neste ano a catro Premios Eisner.

O martes 30 de abril ás 19:00 horas realizarase unha visita guiada inaugural da man do comisario da exposición Asier Mesuro.

Tipo de evento: Exposición