Axenda de Eventos

Exposición
Jorge Cabezas is Back!
Do 30 marzo ao 30 xuño | Fundación Luís Seoane A Coruña
Comeza:
30 marzo | 20:00
Remata:
30 xuño | 21:00
Onde:
Fundación Luís Seoane A Coruña

Proxecto expositivo composto por algunhas obras de Jorge Cabezas e no que colaboraron Antón Reixa, Juan Rodríguez, Eduardo Hermida, Rubén Ventureira e Carlos Pita.

A obra do artista coruñés caracterízase polo emprego dunha iconografía única, recoñecible, libre, e que está influenciada por unha serie de referencias nas que predominan aspectos da súa vida, a música rock e a cultura popular.

A montaxe desta exposición está inspirada na da última exposición de Pablo Picasso no ano 1970 no Palacio de los Papas en Aviñón.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde