Axenda de Eventos

Exposición
Yo, Abelenda
Do 11 abril ao 8 xuño | Sede Afundación A Coruña A Coruña
Comeza:
11 abril | 20:00
Remata:
8 xuño | 21:00
Onde:
Sede Afundación A Coruña A Coruña

Esta mostra fai un percorrido polas diferentes xéneros e movementos plásticos do artista galego recentemente falecido, Alfonso Abelenda.

Abelenda conta con setenta anos de traxectoria, nesta exposición recóllense 117 das súas obras. A mostra estrutúrase en nove seccións: ilustración e humor, O Prado, Retrato, Bodegón, O taller, A creación, Eros, Tauromaquia e Paisaxe. As obras poderanse ver nos corredores da sede de Afundación, ademais de estar ubicadas nas dúas salas principais.

A exposición está comisariada por Valle García.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde