Axenda de Eventos

Exposición
Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios
Do 10 abril ao 23 xuño | Sede Afundación Santiago de Compostela Santiago de Compostela
Comeza:
10 abril | 19:00
Remata:
23 xuño | 21:00
Onde:
Sede Afundación Santiago de Compostela Santiago de Compostela

Oswaldo Guayasamín é un dos artistas latinomericanos que destaca por representar as vangardas do século XX, especialmente o Expresionismo e o Cubismo.

Co gallo do centenario do seu nacemento e o vixésimo aniversario do seu pasamento Afundación acolle esta exposición do artista ecuatoriano. Ademais, coincide que o ano 2019 é o ano das Linguas Indíxenas.

A obra de Guayasamín destaca polos seus retratos de importantes personalidades e pola súa vinculación ao muralismo, ademais de pola súa alta sensibilidade e coñecemento da vida indíxena e as culturas prehispánicas. A profesora de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Cagiao,é a comisaria desta exposición deseñada por José Luis Rey.

Tipo de evento: Exposición
Entrada: Entrada de balde